Bolsa de relevo de negocios

Outros servizos
Plazo límite del relevo 16/10/2025
Polo Vilanova de Arousa

" Perruquería Ana Filgueira"

O local é unha gran oportunidade para aperturar un salón de peiteado, tanto pola súa localización como polas súas características físicas. Ao ser unha área de recente desenvolvemento residencial e estar preto dun colexio, un centro de saúde, unha gardería e outros servizos, conta cun fluxo constante de potenciais clientes de distintas idades.
Nada negativo nin no negocio nin no local,mais ben trátase dun tema persoal de cansazo e desmotivación na labor desempeñada dende fai 21 anos.

A visibilidade desde a rúa e a luz natural son vantaxes importantes para un salón de peiteado, xa que poden atraer a persoas que pasen pola zona e proporcionar un ambiente agradable para os clientes. Ademáis, as dúas estancias permiten flexibilidade para organizar o espazo: unha para o salón de peiteado propiamente dito e outra que podería destinarse a servizos complementarios como tratamentos estéticos, manicura/pedicura ou barbaría.
O alugueiro é baixo, isto podería facilitar a rendibilidade do negocio, permitíndoche investir en márketing local e na adecuación do espazo para atraer a un público diverso. Parece unha opción interesante para emprender!

VOLVER