Noticia_img

La delegada de la Xunta en Ferrol da a conocer el polo de emprendimiento Rías Altas entre el alumnado del programa integrado de empleo de la mancomunidad

05 de septiembre, 2023

Martina Aneiros destacó que a través de este servicio se están impulsando proyectos que tiene una vinculación con el entorno, prestándoles asesoramiento y tutorización profesional

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á apertura da xornada formativa O Emprendemento como alternativa laboral que se celebrou no centro Irmás Froilaz, de Narón, ao abeiro do Programa Integrado de Emprego-PIE da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ferrol.

Aneiros salientou a aposta da Xunta polo emprendemento como “unha vía de xeración de postos de traballo de calidade e un mecanismo de fixar emprego para afrontar o reto demográfico ao que se enfronta Ferrol e as súas comarcas”. Neste sentido, destacou a posta en marcha de iniciativas propias como o polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro habilitado no CIS Tecnoloxía e Deseño “a través do que se están a impulsar proxectos que teñan unha vinculación coa contorna, prestándolles servizos de asesoramento e titorización profesional”, indicou.

Durante a súa intervención na xornada na que tomaron parte unha decena de alumnos, a representante da Xunta deu a coñecer os distintos recursos habilitados polo Goberno galego para mellorar a empregabilidade entre os que se atopan tamén as distintas liñas de axudas para apoiar ao sector.