Noticia_img

La Xunta potenciará la formación en oficios tradicionales con bolsas para aprendices con el fin de promover el relevo generacional en el ámbito de la artesanía

08 de octubre, 2025

Esta medida estará dotada con 1 M€ con la previsión de llegar a unos 50 aprendices y complementará al programa formativo Aprender de la tradición. Oficios y técnicas. José González puso en valor el oficio de la carpintería de ribera, que requiere de un proceso artesanal minucioso y de un conocimiento riguroso de la materia y en el que Galicia es referente gracias al saber hacer de sus profesionales y al papel de Agalcari. Subrayó la importancia de visibilizar esta actividad con acciones como los encuentros de embarcaciones tradicionales, que ensalzan el patrimonio cultural de la gran variedad de embarcaciones tradicionales de Galicia y que cuentan con el apoyo del Gobierno gallego. Reafirmó el compromiso del Ejecutivo autonómico con los oficios artesanos y con la artesanía como motor económico en el rural, a través de la Fundación Artesanía de Galicia y reflejado en el Plan Estratégico del Comercio 2025-2030

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou hoxe que o Goberno galego potenciará o vindeiro ano a formación en oficios tradicionais cunhas futuras bolsas para aprendices que permitirán a transmisión do saber artesán ás novas xeracións. Estarán dotadas con 1 M€ coa previsión de chegar a uns 50 aprendices. Trátase dunha iniciativa da Fundación Artesanía de Galicia que complementará ao programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas e que concorda coa aposta do Goberno galego por unha formación flexible a prol da remuda xeracional en eidos como a artesanía.

Así o expuxo José González na visita ás instalacións de Astilleros Catoira, en Rianxo, onde estivo acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro. Alí o conselleiro tamén puxo en valor este obradoiro de construción de embarcacións en madeira e o oficio da carpintería de ribeira, que require dun proceso artesanal minucioso e dun coñecemento rigoroso da materia.

Neste sentido, enxalzou o saber facer dos profesionais desta actividade, cheo de tradición e combinado coas vantaxes da innovación, e destacou o papel da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari). Este patrimonio, subliñou, fai de Galicia un referente nesta actividade, que ten un gran potencial para a economía galega e que é sustentable e respectuosa co medio ambiente respondendo ás tendencias actuais de produción. De aí, engadiu, que se trate dun oficio tradicional con futuro, cuestión para a que a remuda xeracional é clave.

Por iso, expuxo o conselleiro, é importante visibilizar este oficio e neste eido son fundamentais accións como os encontros de embarcacións tradicionais, que se celebran cada dous anos nunha vila diferente da costa galega. Esta iniciativa pon en valor o patrimonio cultural da gran variedade de embarcacións tradicionais de Galicia e conta co apoio da Xunta.

Compromiso cos oficios artesanais

Este apoio forma parte da aposta do Executivo galego pola artesanía como motor económico no rural, como vertebrador do territorio e con potencial para o emprendemento. Un ámbito que o Goberno galego potencia con ferramentas como a Rede de polos, avogando pola especialización e atendendo aos sectores estratéxicos de cada contorna. A isto engádense as medidas para potenciar o talento interno e tamén para atraer talento externo co foco nas galegas e galegos do exterior que desexan retornar.

O compromiso con este sector materialízase fundamentalmente a través do labor da Fundación Artesanía de Galicia, que promove a marca Artesanía de Galicia como selo de calidade e identidade. Trátase dunha aposta que reflicte no Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030, cun investimento de 320 M€ e con medidas específicas para fomentar a remuda xeracional e impulsar as novas vocacións no eido artesanal. Entre elas, as futuras bolsas de aprendices que promovan a remuda nos oficios artesanais.